¿Queres ser voluntari@ do Triatlo da Amizade?
Hola a tod@s
Falta pouco máis dunha semana para que se celebre o Triatlo da Amizade. ¿Gustaríate formar parte do equipo de traballo e participar como voluntario?.
Necesitamos xente para traballar todo o sábado e todo o domingo. Hai traballo para tod@s, para colaborar os dous días, o 10 e o 11 de xullo, sólo un día, sólo unhas horas...cada un elixe o tempo que pode colaborar.
!!PAGAMOS BEN!!, estas son as condicións:
Salario: 0,00 €/hora e comida a cargo da organización (agua/refresco/bocata).
Garantizamos que o vandes a pasar mui ben e que as 19:00 horas do domingo, acábase a xornada laboral. Dato mui importante para que ,os que queiran vela final do mundial de fútbol (20:30 horas), poidan ir a mirala.
Desde o equipo organizador estamos seguros que, ante un traballo tan ben pagado, a lista de voluntari@s será grande. Así que !!APÚNTATE!! porque sólo cotrataremos ós 150 primeir@s que nos envíen un e.mail a benito@avoltascoscontos.com. Vémonos o 11 de xullo. Saludos.





